Cheo nas sesións de maxia de Romarís en Lousame

Cultura
Marta Torres
Doce nenos de Lousame introducíronse no mundo da maxia da man de Romarís. Foto: C. L.

LOUSAME. O primeiro dos catro obradoiros de maxia que o Mago Romarís vai impartir en Lousame foi todo un éxito de participación. A pasada fin de semana, a casa da cultura Santeiros de Chave acolleu a primeira sesión, na que participaron doce nenos e nenas maiores de 8 anos que durante hora e media se introduciron no mundo da maxia da man deste

recoñecido ilusionsita. As próximas xornadas terán lugar os días 16 e 23 de outubro, rematando o 6 de novembro. A concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, amosou a súa satisfacción “pola boa acollida que tivo esta escola de maxia do Mago Romarís que inicialmente programamos cun avance da sexta edición do Festimaxia de Lousame pero que resultou todo un éxito pois nunha soa semana xa cubrimos todas as prazas dispoñibles”. Deste xeito, medio cento de rapaces de Lousame terán pasado pola citada escola antes de que dea comezo o VI Festimaxia, fixado para novembro. m. t.