Coidados porta a porta en Lousame

Atención sanitaria
ECG
Pola esquerda, Agrafojo, Villaverde e Trenor no autobús do servizo. Foto: X.

LOUSAME. O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, visitou este xoves un dos autobuses que están percorrendo Galicia dentro da campaña Coidados porta a porta que está recorrendo os concellos galegos –agás as sete cidades– para levar servizos especializados de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria á porta da casa de máis de 100.000 galegos. Esta campaña foi posta en marcha pola Consellería de Política Social e Xuventude. Deste servizo estanse a beneficiar as persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de xeito totalmente gratuíto. Os interesados poden chamar aos números de tf. 622 748 283 ou 623 546 992. ecg