‘Coidados porta a porta’ en O Son

Atención sanitaria
M.C.
Unidade móbil do programa autonómico ‘Coidados porta a porta’.

Porto do Son. O Concello de Porto do Son ofrecerá aos seus veciños a posibilidade de desfrutar gratuitamente dunha serie de servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria grazas a unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social. O programa denominado Coidados porta a porta achegarase á vila sonense do 19 ao 22 de setembro para que as persoas maiores de 55 anos poidan desfrutar dunha serie de coidados especializados. A unidade móbil estará situada na zona do parque, entre as 9.00 e as 20.00 horas, e nela realizaranse as revisións e valoracións. Para solicitar máis información e cita previa deben chamar ao 622 748 283. m. c.