‘Coidados porta a porta’ estará tamén en Lousame

Atención sanitaria
M.C.
Facultativos do programa dentro do camión.

Lousame. A caravana do programa de servizos asistenciais Coidados porta a porta, impulsado pola Consellería de Política Social da Xunta, estará en Lousame os días 28, 29 e 30 de setembro e o día 3 de outubro para ofrecer de xeito gratuíto a persoas maiores de 55 anos consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria.

A unidade móbil chegará a Lousame o 28 deste mes e situarase na Praza do Concello. Os servizos gratuítos que se ofrecen buscan previr a dependencia e fomentar e estimular a memoria. As persoas interesadas en beneficiarse dos mesmos deberán solicitar cita previa chamando ao número 622 748 283 ou ben enviando un correo electrónico a coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal. m. c.