Coloquio sobre a crise enerxética o venres en A Pobra

Charla
Marta Torres
Fachada do Museo Valle-Inclán de A Pobra.

A POBRA. A concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo, e a Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo organizan o coloquio Crise enerxética e límites do crecemento. Será o 5 de novembro, ás 20.00 horas, no auditorio do Museo Valle-Inclán, e contará coa intervención de Begoña de Bernardo, presidenta do citado colectivo. As persoas que desexen asistir deberán inscribirse previamente enviando un correo electrónico a medioambiente@apobra.gal, indicando o nome, os apelidos e un teléfono de contacto. Dende o Concello destacan que se seguirán as medidas implantadas por mor da covid. m. t.