Comedia feminista o sábado no centro cultural de Muros

Teatro
María Cano
A peza é interpretada polas actrices Noelia Blanco, Esther Carrodeguas e Stephy Llayora. Foto: De Ste Xeito

MUROS. O centro cultural de Muros acollerá este sábado o espectáculo Feminíssimas, da compañía De Ste Xeito, coincidindo coa efeméride da Muller Rural. A peza é interpretada polas actrices Noelia Blanco, Esther Carrodeguas e Stephy Llaryora, e o argumento vira ao redor dun congreso feminista celebrado en Vigo. Unha peza teatral con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba e mentres analizan –dende a comedia– de que maneira as mulleres están a con-vivir neste novo mundo feminista. A función empezará ás nove da noite. O prezo das entradas será de 3,50 € e poden reservarse nas oficinas do centro cultural ou no tf 981 762 294. m. C.