Comenza en Lousame un programa de accións en inglés para os nenos

Nadal
M.C.
Participantes do programa Leisure Activities in English que se levou a cabo este verán. Foto: Concello de Lousame

lousame. O Concello de Lousame, a través do seu programa de voluntariado europeo European Solidarity Corps, inicia este luns unha nova edición do programa de actividades de ocio en inglés. Unha iniciativa impartida polas voluntarias turcas Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas que se extenderá ata o 5 de xaneiro. O programa Leisure Activities in English desenvólvese en horario de mañá, de 10.30 a 13.30 horas, na casa da cultura de Lousame. Dirixido a nenos e nenas maiores de 5 anos, inclúe actividades de pintura, karaoke, música, xogos, cinema, teatro, creatividade, conversas... todo en inglés. Dende o Concello destacaron que se trata da segunda edición deste programa en inglés, despois do éxito acadado polas propias Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas durante este verán, no que participaron medio cento de rapazas e rapaces. ecg