Comeza o taller dual Costagrande

Obradoiro de emprego
María Cano
Monteagudo e Saborido, de fronte, participaron na xornada inaugural. Foto: C. M.

Muros. Un total de vinte persoas iniciaron este mércores a súa formación no obradoiro dual de emprego Costagrande, promovido polos concellos de Muros e Carnota. Un programa mixto de emprego e formación que terá unha duración de doce meses, cunha etapa de formación en alternancia co traballo ou práctica profesional, dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional. A Xunta aportará 503.987 euros para financiar os custes de formación e funcionamento, así como os do alumnado participante. As especialidades formativas serán as de revestimentos con pezas ríxidas por adherencia en construción e confección e publicación de páxinas web. m. cano