Completan pola Ría da Estrela a segunda etapa do Camiño de Santiago

Peregrinación
M.C.
A actividade é organizada polo Club de Xubilados de Lousame. Foto: C. L.

LOUSAME. Máis de trinta persoas participaron na segunda etapa da peregrinación a Compostela seguindo o trazado do Camiño a Santiago pola Ría de Muros-Noia, organizada polo Club de Xubilados de Lousame. A expedición foi guiada polo técnico municipal de Deportes, German Romero Iglesias, quen contou coa colaboración do presidente do Club, Francisco Avelino García Nieto; os concelleiros Yésica Fernández e Jose Antonio Ces; do técnico municipal de Voluntariado, Jose Manuel Outeiral; e da licenciada en historia e técnica municipal de Lousame, Mayte Sobradelo.

A terceira e derradeira etapa terá lugar o domingo 23 de outubro, entre Bertamiráns e Santiago (con traslado en autobús ao inicio e fin de cada andaina). A participación é de balde pero para participar é imprescindible anotarse previamente chamando ao tf. 653 221 655. m. C.