Concentración contra as verteduras de San Finx

Mobilizacións
ECG
Minas de San Finx. Foto: W.

Noia. O BNG de Muros-Noia apoiará a concentración de protesta convocada en contra da autorización de vertidos das minas de San Finx (Lousame). Terá lugar este sábado, ás 13.00 horas diante do Coliseo Noela, aproveitando a saída do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, da clausura dunhas xornadas.

Os nacionalistas aseguran que a Xunta publicou a proposta de autorización “desoíndo as innumerables alegacións e informes que se presentaron nos que se pedía un estudo riguroso do impacto ambiental que suporía”. “O desastre medioambiental, económico e social que suporía a contaminación da ría con estas verteduras sin un exhaustivo proceso de depuración leva a chamar á mobilización social para que a Xunta recapacite”, afirman.

O BNG comarcal acudirá á protesta acompañado da deputada Rosana Pérez. cg