Concerto da Escolanía de Santiago na vila outense

Nadal
M.C.
Actuarán na casa da cultura. Foto: Catedral de Santiago

Outes. No marco da programación de Nadal, o Concello de Outes fixou para este sábado, 17 de decembro, un concerto da Escolanía da Catedral de Santiago de Compostela. Terá lugar na casa da cultura ás 20.00 horas.

Ao día seguinte, neste mesmo marco a partir das 19.00 horas, os outenses poderán acudir a unha función teatral. Nesta ocasión, a compañía Peripeciencia Lab porá en escena Voute contar, un espectáculo dirixido ao público xuvenil (de 8 a 10 anos). Esta actuación enmárcase no programa do Outono Teatral.

As iniciativas continuarán nas vindeiras semanas. O día 23 haberá un espectáculo de baile e música tradicional; o 27 contacontos infantil de Nadal con Marisa Irimia e o día 28 circuíto experimental de ciencia divertida para maiores de 4 anos (anotacións na casa da cultura). Máis información no Facebook Outes, cultura e mocidade.

Por outra banda, dende o Concello lembran que continúan activos os concursos de decoración e de postais, cos que se pretende promover o uso da lingua galega, a creatividade e a decoración das vivendas e comercios no tempo de Nadal. As persoas interesadas en participar teñen de prazo ata o 20 e 21 de decembro, respectivamente. m. c.