Contratan as obras de dragaxe de Testal

Contratación de obras
María Cano
Os traballos consisten na extracción de áridos en parte da dársena ata a cota -2. Foto: ECG

Noia. A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de contratar as obras de dragaxe no porto de Testal, no municipio de Noia. O ente público presidido por Susana Lenguas inviste 355.000 € nesta actuación, que contará cun prazo de execución de catro meses desde o seu inicio.

Os traballos consisten na extracción de áridos en parte da dársena ata acadar a cota -2 en baixa mar. O volume total de material para dragar é de 1.500 metros cúbicos na zona próxima á rampla portuaria cara ao norte.

Esta actuación responde a unha demanda reiterada do sector portuario de Noia e permitirá recuperar o calado necesario para a normal operatividade do peirao. m. c.