Convenio de colaboración para mellorar a mobilidade no porto de Palmeira

Portos
Marta Torres
Manuel Ruiz e Susana Lenguas asinando o convenio de colaboración. Foto: Xunta de Galicia

RIBEIRA. A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, asinaron esta semana un convenio de colaboración entre ambas administracións para a conservación, mantemento e reparación das actuacións de mellora da mobilidade e a accesibilidade que o organismo portuario, dependente da Consellería do Mar, ten previstas no peirao de Palmeira. Portos contempla nos seus orzamentos para 2022 unha partida de máis de

300.000 euros para un proxecto plurianual orzamentado en preto de 900.000 euros de mellora da mobilidade e accesibilidade no citado porto. Esta remodelación permitirá renovar os materiais da urbanización do conxunto da zona, ampliar o espazo peonil, dotar o porto de zona de estancia e vista ao mar con bancada, instalar pasos de peóns elevados e mellorar a mobilidade. m. t.