por San Finx

Medio Ambiente
M.C.
Representantes do BNG e das confrarías de Noia e Portosín tras o encontro.

Noia. A deputada nacionalista Rosana Pérez mantivo unha reunión cos responsables das confrarías de Noia e Portosín, Santiago Cruz e Isaac Gaciño, na que tamén estiveron presentes representantes do BNG comarcal.

Coincidiron en sinalar que “a situación de incerteza polo futuro da actividade e a ausencia de restauración ambiental nas minas de San Finx deixa moita preocupación no sector e na sociedade”.

Cruz sinalou que se atopan agardando polo resultado das alegacións ao proxecto de desaugue e posterior explotación das minas e que non dubidarán “en levar a cabo as accións necesarias para defender o futuro da ría”. Gaciño amosou o seu “total apoio” á confraría de Noia. m. c.