Curso básico de manexo do móbil na vila lousamiá

Novas tecnoloxías
ECG
Concello de Lousame.

Lousame. O Concello de Lousame organiza un curso básico de manexo do móbil para que os maiores do municipio aprendan a sacarlle todo o partido aos seus dispositivos e teléfonos móbiles. Uns obradoiros gratuítos que terán lugar no Concello de Lousame a partir do vindeiro 9 de novembro, en horario de 10.30 a 11.30 horas.

A concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, destaca que “con estes cursos buscamos proporcionarlles ás persoas maiores de Lousame os coñecementos suficientes para un eficaz uso dos seus dispositivos móbiles. Desde aspectos lúdicos como aprender a facer e enviar fotos e vídeos, utilizar o WhatsApp ou consultar as redes sociais; como cuestións prácticas como descargar aplicacións para pedir cita médica, ler a prensa ou escoitar a radio, por exemplo”.

Estes cursos están abertos á participación de toda a veciñanza e serán totalmente de balde, previa inscrición nos Servizos Sociais do Concello (981 820 494) ou por WhatsApp no 689 126 385 antes do 8 de novembro. O número de prazas é limitado. cg