Curso para o coidado dos dependentes en Santa Uxía

Formación
M.C.
Barreiro, esquerda, e Sobrido na presentación do curso. Foto: C.

Ribeira. A concellería de Servizos Sociais de Ribeira promove a celebración do 25 de novembro a o 2 de decembro dun curso dirixido a mellorar a formación na atención a persoas dependentes no domicilio, incidindo en dous aspectos como son a hixiene persoal e a mobilización.

A concelleira Ana Barreiro presentou esta semana esta nova iniciativa, estando acompañada da técnica Nieves Sobrido. A edil municipal explicou que con esta acción preténdese dar resposta a unha carencia formativa que se detectou dende o departamento que dirixe, ao tempo que se potencia a empregabilidade nun campo de traballo con cada vez máis demanda.

Os obxectivo principal do curso estriba en formar os futuros profesionais sobre o modo de realizar cambios posturais que favorezan a mobilidade e hixiene do dependente. As clases terán lugar nas aulas de Servizos Sociais situadas na rúa Cristóbal Colón e desenvolveranse os días 25, 28, 29 e 30 de novembro e 1 e 2 de decembro, de 09.30 a 13.30 horas. O programa consta de quince horas teóricas e dez prácticas.

O prazo de inscrición terá lugar do 14 ao 21 de novembro, podéndose facer no departamento de Servizos Sociais Comunitarios. m. c.