David Chipperfield visitou a fachada marítima sonense

Urbanismo
ECG
Chipperfield, 2º pola dereita, durante o percorrido que realizou pola fachada. Foto: C. de O Son

o son. O recoñecido arquitecto David Chipperfield visitou a fachada marítima sonense acompañado polo alcalde, Luis Oujo, a tenente de alcalde, María Maneiro, e polo arquitecto corredactor do proxecto e director de obra, Marcial Rodríguez. Chipperfield valorou o proxecto e o resultado final “dunha magnífica coherencia e calidade, no que se crean unha secuencia de espazos diferentes para o disfrute das persoas e con absoluta prioridade para as mesmas que aportará sen dúbida unha nova perspectiva de vida para os veciños da vila”, indicaron dende o Concello. Calificou a fachada marítima sonense “como un caso exemplarizante que demostra que é posible, coa implicación política e o esforzo de todos, facer realidade intervencións no espazo público sensatas e de elevada calidade”. O rexedor amosouse “moi satisfeito de que un arquitecto da talla internacional de Chipperfield se interese e valore tan positivamente o que estamos a facer”. cg