Dende o PSOE piden a rehabilitación e a posta en valor de A Pedrachán

Pleno
ECG
Critican a falta de mantemento nesta zona do municipio, así como no lavadoiro. Foto: PSOE

Noia. O grupo municipal socialista de Noia vén de rexistrar para o seu debate no vindeiro pleno unha iniciativa para a mellora e rehabilitación da contorna de A Pedrachán. Dende a formación indican que “actualmente, logo de varios anos sen ter ningún tipo de mantemento, existen varios elementos que están deteriorados e precisan de melloras ou rehabilitacións”. Apuntan ademais que nos accesos a iluminación “está en mal estado, con luminarias subterráneas rotas que son perigosas polo risco de caída que supón”, ademais de haber “paneis totalmente destrozados”. Engade que “no lavadoiro, o tellado e os elementos de recollida de augas están moi deteriorados”. Para recuperar a contorna de A Pedrachán e volver poñer en valor a zona, o PSOE considera urxente que se habilite unha partida nos vindeiros orzamentos para tal fin. c.g.