Diego Calvo apela á forza do PP para catapultar a García Diéguez á alcaldía

Elecciones municipales
ECG
Diéguez estivo arroupado por Calvo, Ben e militantes e simpatizantes da formación. Foto: PP

Boiro. “O Partido Popular de Boiro non se pode conformar con ser a forza máis votada o próximo 28 de maio. Xa sabemos que pasará se iso ocorre. Nós temos que conseguir a maioría absoluta e imos conseguila para recuperar a alcaldía dun concello que nunca debemos perder”. Así de contundente e de seguro mostrouse este martes o presidente do PP na provincia da Coruña, Diego Calvo, no acto de presentación de Fernando García Diéguez como cabeza de lista popular para as próximas eleccións municipais. Acompañado polo secretario xeral do PP na provincia da Coruña, Evaristo Ben, Calvo avalou a candidatura de Fernando García Diéguez, a quen destacou como unha persoa que “coñece os problemas do municipio e será capaz de presentar unha alternativa que termine cun goberno municipal incapaz de xestionar o Concello”. ecg