Doce mozas participaron nun obradoiro de debuxo urbano na vila ribeirense

Obradoiro
M.C.
Recrearon algunhas das vistas que se divisan dende a fábrica de Punta do Castro. Foto: C. R.

RIBEIRA. Despois de dúas cancelacións por mor do mal tempo, celebrouse o obradoiro gratuíto de debuxo urbano impulsado pola concellería de Servizos Sociais, en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, e que estivo destinado para mozos e mozas de 16 e 19 anos. Foron en total doce as rapazas participantes nesta actividade ao aire libre celebrada xunto á fábrica de salgadura de Punta do Castro. Empregando lápis e grafito acuarelable recrearon algunhas das vistas que dende alí se divisan baixo a guía de integrantes da escola profesional de banda deseñada e ilustración profesional de Pontevedra O garaxe hermético. Este obradoiro estase a impartir en varios concellos de Galicia co obxectivo de reivindicar a paisaxe e o entorno dende un punto de vista de concienciación ecolóxica e sustentable. m. c.