Doce nenos acoden ao servizo Concilia da vila lousamiá

programa Concilia
María Cano
Agrafojo, ao fondo, visitou aos nenos que participan no Lousame Concilia. Foto: C. L.

LOUSAME. A concelleira de Igualdade lousamiá, Silvia Agrafojo, visitou aos nenas e nenas do programa Lousame Concilia Semana Santa, que comezou na xornada de hoxe para promover a conciliación familiar e laboral durante estes períodos vacacionais. Un total de doce escolares participan nas distintas propostas educativas e de lecer que se desenvolverán tamén o 31 de marzo e o 5 de abril nas instalacións do CPI Cernadas de Castro. Os proxenitores interesados en que os seus fillos asistan deben reservar a praza no día anterior a través do teléfono 616 345 812. Dende o Concello destacan que este programa estase levando a cabo en base a un estrito protocolo de seguridade sanitaria. m. c.