Dúas persoas feridas tras colisionar un autobús e un turismo en Noia

Accidente
Redacción WEB
Imaxe da central do 112 Galicia. Foto: X. G.

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario tras chocar un autobús cun turismo en Noia. Os feitos ocorreron este mércores no punto quilométrico 69 da AC-550, uns minutos despois das tres e media.

Nada máis ter coñecemento do accidente, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros de Boiro, ao GES de Noia, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local.

As dúas mulleres que viaxaban no turismo necesitaron asistencia polo choque e foron trasladadas ao Hospital A Rosaleda. No autobús ningunha persoa resultou ferida.