Eliminan un vertido na praia de San Francisco

Vertido
O.D. Vilar
Praia de San Francisco en Muros, onde se localizou o vertido que viña dunha vivenda. Foto: XG

Muros. A Xunta eliminou un punto de vertido de augas residuais na praia de San Francisco, Muros. Os técnicos do Plan de Control de Vertidos (Augas de Galicia) iniciaron as inspeccións tras a recepción dunha alerta notificada por unha incidencia remitida dende Sanidade. O persoal autonómico localizaba a orixe do foco no areal nunha vivenda unifamiliar do lugar de San Francisco, na parroquia de Louro, que desaugaba cara a rede de pluviais cara á Ría de Muros e Noia. Alertado o Concello, logo comprobouse que fora solucionado. O.D. Vilar