Enquisa sobre o transporte en Arousa Norte

Transporte urbano
Marta Torres
Autobuses na parada da avenida do Malecón de Ribeira.

ribeirA. Dende o pasado martes e durante 15 días habilítase unha enquisa de xeito telemático na web barbanzarousa.gal, e tamén de forma física nos concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira, para coñecer as necesidades da veciñanza en canto ao transporte público. Na mesma os veciños especificarán as localidades de saída e de chegada aos destinos e as horas. Con esta información a mancomunidade Barbanza Arousa tratará de aportar solucións á problemática existente en relación aos horarios do transporte público e levar a cabo o servizo de forma consensuada entre todas as partes implicadas. Por todo, animan ós veciños a participar para coñecer as necesidades. m. t.