Enterro da Sardiña máis disfraces en Outes para o
día 2, mércores de cinza

Entroido
M.C.
Concurso de disfraces do Entroido de 2020 en Outes. Foto: C.

outes. O Concello de Outes organiza un concurso de disfraces e un desfile para celebrar o enterro da Sardiña, festa de gran tradición no municipio, que terá lugar o vindeiro 2 de marzo, mércores de cinza. Toda persoa que desexe participar neste certame, no que se porán en xogo preto de 3.000 euros, pode apuntarse cubrindo a folla de inscrición e enviándoa á dirección de correo electrónico animacion@outes.gal antes do 28 de febreiro, ou o mesmo o día do concurso, antes das 16.30 horas, no pavillón polideportivo da Serra. As comparsas, grupos e persoas a título individual, nenos e adultos, que queiran sumarse ao certame deberán darse cita no pavillón para que o xurado inspeccione as vestimentas e carruaxes. A cualificación será ás 17.00 horas. Os premios entregaranse na Praza do Bosque, onde rematará a festa coa queima da Sardiña. m. c.