Equipan ó servizo de emerxencias noiés para intervir en futuros lumes

Emergencias
María Cano
Alfonso Rueda, dereita, entregou o novo vehículo ao servizo municipal de emerxencias en Noia. Foto: Xunta

Noia. O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega onte ao servizo municipal de emerxencias de Noia dun novo camión para levar a cabo unha primeira intervención en incendios, así como en labores de salvamento. O Goberno galego destinou 150.000 € á adquisición deste vehículo. A Xunta aprobou este ano na Comisión de Seguimento dos GES a creación do servizo municipal de Noia para atender as incidencias deste concello e dos de Lousame e O Son. Rueda destacou que, deste xeito, os tempos de resposta veranse reducidos nesta zona e mellorarase a cobertura cunha intervención máis áxil. m. c.