Esgotadas en 24 horas as entradas para a Romaría das Letras de Boiro

Día das Letras Galegas
Suso Souto
Torre do Pazo de Goiáns.

As entradas para a Romaría das Letras 2021 que a concellería de Cultura de Boiro organiza coa colaboración da asociación cultural Barbantia para conmemorar o Día das Letras Galegas esgotáronse en 24 horas. A entrada para o acto é gratuíta, pero a capacidade é limitada, polo que se precisa a inscrición previa para o control de acceso.

O acto, que se vai celebrar o vindeiro luns 17 no Pazo de Goiáns, consta de dúas actuacións de baile galego, de Aroña e Xilbarbeira, dúas presentacións literarias, das obras Xela Arias. Poeta e tradutora de Anxo Xoan Rajó Pazó, e Nus de Manuel Gago, e vai concluír cun concerto de Os Melidaos.