Estudan a flexibilización da norma sobre pesca deportiva

Pesca recreativa
Marta Torres
Pescadores recreativos practicando a súa afección na costa galega. Foto: Antonio Hernández

Ribeira. O alcalde de Ribeira,

Manuel Ruiz Rivas, e a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, reuníronse este martes con dous representantes do colectivo de pescadores deportivos do municipio (Pedro Veiga e Francisco Pérez) que, estando disconformes coas restricións en zonas portuarias para a práctica desta actividade, tiñan solicitada a intermediación do rexedor municipal para tratar de flexibilizar tales limitacións.

De resultas desta xuntanza, celebrada no porto de Santa Uxía, a entidade dependente da Consellería do Mar subliñou que hai expectativas de que prosperen varias das reclamacións efectuadas por este colectivo, que reuniu máis de 600 firmas en apoio das súas demandas. A tal efecto recibirán contestación coa maior brevidade posible unha vez as mesmas sexan analizadas polo miúdo.

Entre as cuestións que se van a estudar figura que se permita a pesca deportiva durante as fins de semana en tanto non hai actividade portuaria nas áreas pesqueiras e no peirao comercial.

O que si se considerou inviable é a posibilidade de que se autorice esta práctica recreativa en zonas de escollera xa que está prohibido pola normativa vixente.

Lembrar que desde que entrou en vigor, en agosto, a nova normativa que regula a pesca recreativa en Galicia, moitos galegos apaixonados desta actividade queixáronse por todos os condicionantes que recolle a mesma. m. t.