Estudo Momento chega á vila outense coa obra ‘1888. Señorita Xulia’

Teatro
ECG
A obra está protagonizada por Iria Ares e Xoan Carlos Mejuto. Foto: Estudo Momento

outes. A concellería de Cultura de Outes informou de que, como colofón a esta edición do Outono Teatral 2022, a compañía Estudo Momento representará 1888. Señorita Xulia o vindeiro sábado 21 de xaneiro. Trátase dunha versión rompedora da obra que August Strindberg estreou en 1888 e foi unha das máis polémicas da historia: a señorita Xulia aparece morta na cociña da casa do seu pai, o Conde. Todo apunta a que se suicidou cunha navalla de afeitar que pertencía a Juan, criado predilecto da casa. A función, dirixida a maiores de 13 anos, terá lugar na casa da cultura a partir das 20.00 horas. Dende a administración municipal indicaron que os interesados poden recoller as entradas na casa da cultura en horario de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. O Outono Teatral arrincou en outubro, e incluíu 15 obras. ecg