Exhiben no museo de Artes algunhas das creacións dos talleres de gravado

Arte
María Cano
Acto inaugural da exposición. Foto: C. R.

Ribeira. Unha exposición formada por 26 gravados realizados nos obradoiros de gravado guiados polos profesores José Fuentes e Antonio Navarro, ambos da Universidade de Salamanca, exhíbense dende a pasada fin de semana no Museo do Gravado de Artes.

O acto inaugural contou coa participación dos dous docentes, ademais do presidente e o vicepresidente da Fundación Museo de Artes (Manuel Ruiz e Javier Expósito), a concelleira de Cultura de Ribeira María Sampedro, e o director do museo, Pastor Rodríguez.

A exposición titúlase Rosalía de Castro - Álvaro Paradela Gravado á

Pluma. Trátase dunha mostra artístico-literaria inspirada na obra Follas novas, da poetisa de Padrón, e no conto Rosa de Laíño, do escritor coruñés Álvaro Paradela. Acompaña a exposición a edición do libro-catálogo que foi repartida entre os asistentes ao acto de apertura. m. c.