Festival Atlántica en A Pobra coas actuacións de Guti e Cándido Pazó

Cultura
Marta Torres
As reservas son de balde e débense formalizar a través da web do festival.

A POBRA. Continúan no Concello da Pobra do Caramiñal as funcións ao abeiro do festival internacional de narración oral Atlántica. Serán as dirixidas ao público adulto as que teñan lugar nesta mesma semana. Este venres, día 9 de xullo, será a quenda de José Luis Gutiérrez ‘Guti’, que achegará Lobadías. A paraxe escolleita é A Portela, na serra do Barbanza, a partir das 21.30 horas. E ao día seguinte, o sábado día 10, tomará o relevo Cándido Pazó con Como dicía o outro. Terá lugar a partir das 21.00 horas no castro da Croa de Posmarcos. Clausúranse así as propostas concibidas para o municipio. As reservas son de balde e débense formalizar a través da páxina web www.festivalatlantica.gal. As mencionadas actuacións contan co patrocinio da Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a concelleira socialista Patricia Lojo. m. t.