Festival benéfico a favor de Cáritas na vila outense

Iniciativa
María Cano
Imaxe da agrupación musical organizadora. Foto: A Tajea

outes. A agrupación musical A Tajea organiza, coa colaboración do Concello de Outes, a terceira edición do festival benéfico en favor de Cáritas este domingo, día 16 de maio. A Horta do Muíño albergará o escenario polo que pasarán numerosos artistas: Pibe Canguro, Rut, os Jaitas Blue, Marian & Ana e Co Canto nos Dentes. A gala, que comezará a partir das sete e media da tarde, será presentada por Martín Reimúndez. Segundo sinalaron dende a organización do evento, as persoas que asistan ao concerto poderán aportar o seu gran de area mediante a doazón de alimentos ou cartos. Lembrar que o pasado ano a cita benéfica non se puido celebrar debido á pandemia. m.c.