Finaliza a residencia de Producións Excéntricas no concello de Outes

Residencias
María Cano
Actualmente, a estrea de ‘Estrela do día’ está prevista para o día 27 en A Coruña. Foto: C. O.

Outes. A vila de Outes foi residencia teatral para a compañía Producións Excéntricas, que durante o mes de xaneiro estivo ensaiando alí e preparando a posta en escena do espectáculo Estrela do día. Trátase dunha comedia divina, chea de cor, música, misterio e humor, con personaxes que saen das miniaturas medievais e chegarán aos nosos días da man e do talento de Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, Rocío González e Patricia Vázquez. O alcalde, Manuel González, declarou que “para o Concello é unha honra poder colaborar con profesionais de primeiro nivel, como os de Excéntricas”, e que con isto perséguese “converter a Outes nun lugar amigable e de referencia para o mundo do teatro e da cultura”. “Nestes momentos cómpre redobrar os esforzos e apoiar a un sector que sofre de primeira man as consecuencias da pandemia”, concluíu. m. c.