Formación dixital para as mulleres da vila muradá

Formación
M.C.
Concello de Muros.

muros. Muller Dixital impartirá no Concello de Muros unha formación en competencias dixitais dirixida a mulleres desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego ou que dispoñan da tarxeta de mellora de emprego. En total impartiranse tres cursos, todos eles gratuítos e dunha duración de 40 horas. Todas as participantes que completen a formación recibirán unha tablet de agasallo. As inscricións xa están abertas e poden realizarse chamando ao 621 180 896. O venres 18 de novembro terá lugar a presentación destas actividades nun acto que se celebrará ás 16.30 h na casa da cultura (estrada de Miraflores). A iniciativa está financiada pola Unión Europea. m. c.