Galp proxectou en Muros ‘Unha viaxe compartida’ e toda a súa experiencia

Documental
M.C.
Tras a proxección da peza houbo un coloquio. Foto: C. M.

Muros. O Galp Costa Sostible levaba días amosando a través das redes sociais avances do documental Costa Sostible: unha viaxe compartida, pero este mércores, ao fin, puido verse íntegro na presentación oficial da peza, que tivo lugar na casa de cultura de Muros.

O audiovisual recolle os anos de traballo, soños e proxectos “e en xeral de respecto por unha filosofía que protexe tanto ás persoas como aos recursos do noso territorio”, indican dende a entidade con sede en Noia. Como non podía ser doutro xeito, entre os protagonistas do documental atópanse membros das confrarías e dos sectores pesqueiro e turístico. Tras a proxección houbo un coloquio sobre a eficacia no aproveitamento dos recursos con representantes de diferentes ámbitos. Ao acto asistiu tamén a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez. m.c.