Galp puxo o broche de ouro ao proxecto Rías Sostibles cunha xornada divulgativa

Medio Ambiente
María Cano
Imaxe da xornada de divulgación organizada onte polo GALP na Fábrica de Sel. Foto: GALP

MUROS. O proxecto Rías Sostibles, promovido polo GALP Costa Sostible e a Asociación Adega en colaboración coas confrarías de Porto do Son, Noia, Muros, O Pindo e Lira, puxo onte o broche final ao traballo desenvolto ao longo de 2020 cunha xornada de divulgación da iniciativa que tivo lugar na Fábrica de Sel, no concello de Muros. No encontro presentouse aos asistentes a Guía de Boas Prácticas no Sector Pesqueiro para reducir o lixo mariño, o vídeo documental Rías Sostibles, onde se visibiliza o labor realizado no abeiro do plan e o compromiso do sector por reducir os residuos, e o Panel do Observatorio do Lixo Mariño onde se recolle o procedemento e a xestión do mesmo na zona costeira. “O proxecto Rías Sostibles avoga pola protección e recuperación da biodiversidade dos ecosistemas mariños da nosa ría”, destacaron dende o GALP. m. c.