Goiáns, potencial forestal para a recuperación de castes de viñedos

Medio Rural
María Cano
Imaxe do encontro que mantiveron este martes González e Romero, á dereita. Foto: Xunta

Boiro. A Xunta e o Concello de Boiro veñen de reforzar a súa colaboración en materia de xestión forestal e para a produción de viñedo e de especies frondosas autóctonas de calidade. Así se desprende da reunión que mantiveron este martes o conselleiro do Medio Rural, José González, e o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, co alcalde deste municipio, José Ramón Romero.

En concreto, na xuntanza tratouse a oportunidade de cooperación interadministrativa que ofrece a reforma que se está a levar a cabo no Pazo de Goiáns, no referido ao potencial forestal. Nesa liña, falouse da posibilidade de recuperar castes de variedades de viñedo na contorna do pazo. Tamén de instalar hortos sementeiros na parcela lindeira para a produción tanto de semente como de planta. m. c.