Gómez presenta ‘Cando sangren os lobos’ en Rianxo

Cultura
Marta Torres
Fabiola García, centro, na presentación do libro do rianxeiro, á esquerda, en Santiago. Foto: X.

rianxo. O rianxeiro Adrián Gómez presentará a súa primeira novela, titulada Cando sangren os lobos, no centro sociocultural de Rianxo o vindeiro 5 de novembro ás 20.30 horas. A obra foi a gañadora do I Premio Xuventude Crea de Novela Curta convocado pola Xunta. No acto está previsto que participen, ademais do propio autor, Cristina Pichel, directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, e o editor Ramón Domínguez Veiga. Os interesados poderán asistir só con reserva de localidades no enderezo concelloderianxo.gal/reservas ata as 14.00 h. do día 3, pero non será efectiva ata que confirmen dende o auditorio. m. t.