Homenaxe ás vítimas do covid en Santa Uxía

Lembranza
María Torres
Trenor, 3º esquerda, xunto a outras autoridades durante a homenaxe en Ribeira. Foto: Xunta

RIBEIRA. A praza de España de Ribeira acolleu este sábado o acto homenaxe ás vítimas da covid, no que se descubriu un monumento e se gardou un minuto de silencio en memoria de todas as persoas falecidas durante a pandemia. A iniciativa, na que participou o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, estivo organizada polas Amas de Casa de Ribeira en colaboración co Concello. O representante do Goberno autonómico destacou que “este acto rende homenaxe aos miles de persoas que morreron por mor da covid durante este ano de loita incansable, compartindo a dor dos seus familiares e seres queridos” e subliñou que “a batalla non rematou. Hai que ser conscientes de que hai que seguir unidos e sobre todo respectando as recomendacións sanitarias. Temos que pensar nos que faleceron, e tamén nos profesionais sanitarios que deixaron as súas vidas na loita. Ese esforzo non pode quedar en balde”, concluíu. m. t.