Impulso á EDAR municipal de Outes

Depuración
María Cano
Instalacións da depuradora de augas residuais de Outes, que será mellorada. Foto: C. O.

outes. O Consello da Xunta autorizou onte a colaboración co Concello de Outes para impulsar a mellora do sistema de saneamento municipal, que suporá un investimento conxunto de máis de 325.000 €. A Xunta achegará máis de 108.000 € para posibilitar as obras necesarias para adaptar a depuradora ás necesidade dos veciños outenses, xa que a densidade da súa poboación urbana ve supera en máis dun 20 por cento a súa capacidade de tratamento de augas residuais. Os traballos contarán cun prazo de execución de dous meses e centraranse no interior da edificación existente. Consistirán na mellora completa do tratamento da auga e dos equipos, ademais do acondicionamento da instalación. m. c.