Impulso á hostalería da comarca do Barbanza con novas infraestruturas

Axudas
María Cano
O alcalde de O Son e Gonzalo Trenor, centro, durante a visita a Casa do Tella. Foto: Xunta

porto do son. O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, estivo este venres en Casa do Tella de Portosín (Porto do Son), que foi un dos beneficiados pola orde de axudas dirixida aos sectores da hostalería e a restauración para facilitar a súa actividade e que sexa compatible coas medidas de protección da saúde ante a COVID. Con este plan buscouse asegurar a cobertura do maior número posible de investimentos que están a realizar os establecementos no acondicionamento dos espazos exteriores e na posta en marcha do servizo de vendas a domicilio ou para levar. “Na comarca do Barbanza concedéronse 47 axudas por un importe de máis de 349.000 euros, dunha convocatoria que cubriu o 80 % do investimento”, subliñou Trenor. En Galicia o goberno autonómico aportou 11 millóns de euros para esta liña de achegas. m.c.