Inauguran o mural de Portocubelo

O Teu Xacobeo
María Cano
Carnota conta cun anaco do Camiño, en forma de obra de arte, no porto de Lira. Foto: Concello

Carnota. Este venres tivo lugar a presentación do proxecto DugiumArt no porto de Lira, unha iniciativa enmarcada no programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta, que consistiu na realización dun mural no peirao de Portocubelo que foi elaborado polo carnotán Nando Lestón. No acto interviron, ademais do artista, María Barreiro, xefa territorial de Presidencia da Xunta; o alcalde Juan M. Saborido e a presidenta da ACEP Carnota, Olga Formoso. O mural ten a luz como protagonista e narra a historia do encontro entre Santiago de Zebedeo y a Raíña Lupa. Un código QR permite acceder a unha audioguía na que Lestón realiza unha interpretación da obra. m. c.