Inchables acuáticos e obradoiros no Verán Activo de Lousame

conciliación
Marta Torres
Imaxe da rapazada do Verán Activo de Lousame este venres na piscina municipal. Foto: C. L.

LOUSAME. Os 50 nenos e nenas que participan no campamento Verán Activo 2021 do Concello de Lousame, que ten lugar do 12 ao 23 de xullo, desfrutaron este venres dunha xornada especial de festa na piscina municipal, acompañados de inchables acuáticos e obradoiros da man de Infantilandia. Unha actividade na que estiveron acompañados pola edil de Cultura, Silvia Agrafojo, quen salientou o gran traballo que están a desenvolver os técnicos municipais e o voluntariado que se encarga do coidado da rapazada. Durante a próxima semana desfrutarán de rutas de sendeirismo, xogos populares, campionatos de videoxogos e waterpolo... e mesmo dunha viaxe imaxinaria a Turquía, na que contarán con dúas guías de excepción: Ebru Karaca e Dilara Güven, as dúas voluntarias turcas chegadas a través dun proxecto europeo. m. t.