Iniciada a peregrinación a Santiago

Camiño Xacobeo
ECG
Máis de medio cento de persoas participaron na primeira etapa da peregrinación. Foto: C. L.

Lousame. Máis de medio cento de persoas participaron na primeira etapa da peregrinación a Compostela seguindo o trazado do Camiño a Santiago pola ría de Muros-Noia. Unha iniciativa organizada polo Club de Xubilados de Lousame para conmemorar o Ano Xacobeo.

A expedición foi guiada polo técnico municipal de Deportes, Germán Romero. Durante a andaina, que discorreu en gran parte polas beiras dos ríos Vilacoba e San Xusto, os participantes fixeron varias paradas en lugares como a papeleira de Fontán ou o mosteiro de Toxosoutos.

A segunda etapa terá lugar este domingo 9 de outubro, entre San Xusto e Urdilde. Inscricións no 653 221 655. cg