Inscricións abertas no programa Lousame Concilia

conciliación
Marta Torres
Imaxe do CPI Plurilingüe Cernadas de Castro. Foto: Concello de Lousame

Lousame. O Concello lousamiá abriu o 9 de xullo o prazo de preinscrición no programa Lousame Concilia, un servizo de atención e coidado de nenos e nenas de entre 3 e 12 anos no CPI Plurilingüe Cernadas de Castro durante o curso 2021/2022. O servizo empezará a prestarse dende o 9 de setembro, en horario de 7.45 a 9.00 horas. O prazo de preinscrición estará aberto ata o próximo día 13 no Departamento de Servizos Sociais, en horario de 08.30 a 14.30 horas. Os impresos poden descargarse directamente da web municipal (www.concellodelousame.gal). O Concello lousamiá lembra que existe a posibilidade de traer ós pequenos en datas concretas durante o curso escolar. m. t.