KitisKatis celebra o seu festival benéfico en Noia

Solidariedade
M.C.
A concelleira Laura Salgado, centro, na presentación do festival solidario. Foto: C. N.

NOIA. O once de decembro ás 19.00 horas Noia acollerá unha nova cita solidaria. A Asociación Cultural KitisKatis Dance Class celebra o seu Festival Benéfico de Nadal cun tributo a Queen na Sociedade Liceo. As entradas poderán adquirirse no Liceo ou mediante a citada asociación a un prezo de 4 €. Ademais sortearanse agasallos doados por diferentes casas comerciais da contorna, así como bonos doados polo Concello para gastar no comercio local. A recadación será para ASGPOH e FundAME para a investigación de enfermidades raras. m. c.