Lanzamento do centro de residuos en Outes

Proxectos
Marta Torres
Encontro das partes implicadas neste proxecto. Foto: GALP

OUTES. O centro para a transformación do lixo mariño no territorio do Galp Costa Sostible, que albergará Outes, encara a coordinación para o seu lanzamento. A Asociación de Mulleres do Sector Pesqueiro SEO Fisterra-Ría de Muros Noia, impulsora, mantivo a primeira xuntanza de organización nas instalacións do Concello. Á reunión tamén asistiron representantes de Adisbismur, A Creba Saúde Mental e Asociación Misela, entidades de inclusión social da comarca que apoian a iniciativa. O proxecto desenvolverase en dúas anualidades. m.t.