Libros a esgalla para os rapaces de A Pobra polo 17 de Maio

Día das Letras Galegas
Marta Torres
Entrega no CEP Salustiano Rey Eiras.

A Pobra. No marco da programación organizada pola concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal para a celebración do Día das Letras Galegas, na xornada de onte realizouse o reparto de aproximadamente mil libros en lingua galega entre todos os centros de ensino do termo municipal, sumando as súas correspondentes bibliotecas: IES da Pobra do Caramiñal; CEP Salustiano Rey Eiras e Pilar Maestú Sierra; EEI Fernández Varela; Monte Carmelo; e unitarias do Vilariño, A Granxa e A Angustia.

Ata os referidos centros desprazáronse a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e a técnica municipal desta área, Fita Sanisidro. Entre as obras entregadas figuran Cousas, de Castelao; Made in Galiza, de Séchu Sende; Dezanove badaladas, de Anxo A. Rei Ballesteros; Relatos e lembranzas, de Xosé Plácido Betanzos García; O fillo do rei e outros contos populares, de Maruxa Barrio e Henrique Harguindey; O enigma do baúl pechado, de Xosé A. Neira Cruz (Premio Carlos Mosteiro 2019); e As Letras Galegas en Caricatura (1963-2020), de Héitor Picallo.

O alumnado pobrense ten como fecha límite o vindeiro día 26 para poder participar nas actividades coas que se conmemora o 17 de Maio. m.c.