Linedance e bailes de salón da man de Alecrín na vila de Porto do Son

Obradoiros
M.C.
Unha actividade promovida pola Asociación Cultural Taller de Danza Alecrín. Foto: T. A.

PORTO DO SON. Os maiores de Porto do Son poderán asistir este curso, dende o vindeiro mes de novembro ata xuño de 2023, a unhas sesións de baile cuxo obxectivo xeral é a difusión e promoción do Linedance e dos bailes de salón dende unha óptica cultural e social. Segundo indicaron dende a concellería de Cultura sonense, trátase “duns talleres onde os participantes de xeito activo crearán unha serie de coreografías tanto a nivel individual como en parella”. Co fin de achegar estes obradoiros á xente, a Asociación Cultural Taller de Danza Alecrín, colectivo impulsor da iniciativa, ofrecerá dúas clases abertas e gratuítas o 27 de outubro. Terán lugar na escola de música municipal nos horarios habituais de cada actividade: de 20.30 a 21.30 horas Linedance e de 21.30 a 22.30 bailes de salón. Máis información chamando ao 698 150 432. m. c.