Lirachiñas inicia unha recollida de xoguetes solidaria

Campaña
Marta Torres
Poden entregarse, ata o día 16, no departamento de Servizos Sociais do Concello.

CARNOTA. A Asociación Cultural Lirachiñas, en colaboración co Concello de Carnota, pon en marcha unha campaña solidaria de recollida de xoguetes, alimentos e produtos de hixiene e aseo.

Os xoguetes serán destinados a Cruz Vermella Santiago e á Fundación Andrea, que apoia a nenos e nenas con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais. Os alimentos e produtos de hixiene doaranse para tres albergues e pisos da citada fundación, onde están aloxadas familias de toda Galicia con fillos enfermos hospitalizados. A entrega pode efectuarse, ata o día 16, no departamento de Servizos Sociais do Concello ou ben no salón de peiteado O Salón de Vera, en Lira. m. t.